A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo chegou a Fitur coa súa idea de turismo baseado na combinación de patrimonio natural e cultural con “experiencias inesquecibles” no propio territorio. A súa proposta de ecoturismo, único destino en Galicia con esa certificación, é a formulación que hoxe despega desde a principal feira do sector a nivel internacional.
O presidente, José Antonio Santiso, o vicepresidente, César Longo, o presidente da Asociación de Ecoturismo das Mariñas, Lolo Mosteiro, e o técnico Diego López, foron os encargados da presentación, que contou así mesmo coa intervención de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia.
Para máis información, siga a ligazón: http://marinasbetanzos.gal/2021/05/21/espanol-marinas-corunesas-despega-desde-fitur-como-primer-destino-de-ecoturismo-de-galicia/http://marinasbetanzos.gal/2021/05/21/espanol-marinas-corunesas-despega-desde-fitur-como-primer-destino-de-ecoturismo-de-galicia/
Se tes un minuto, mira o vídeo: https://youtu.be/bGibBGLMcmMhttps://youtu.be/bGibBGLMcmM