Unha mostra de que esta formula de empresa da economía social é máis resiliente: todos e todas reman na mesma dirección.
Segundo os datos da Rede Eusumo, tomados sobre as cooperativas galegas en activo no ano 2018, máis do 71% das cooperativas seguen en activo aos 10 anos; o 94% cumpre 3 anos e máis do 98% seguen activas aos dous anos. É unha mostra de que esta formula de empresa da economía social é máis resiliente: todos e todas reman na mesma dirección, as persoas e os seus empregos son o máis importante, teñen fortes raíces que as amarran ao territorio.
Ligazón ao vídeo: https://youtu.be/QJ6bSQMdeWs