Para todas as persoas, a facilidade de uso, flexibilidade, funcionalidade, comprensión da información, adecuación dos espazos… son só os principios básicos do deseño cando se quere crear algo. Por infortunio, moitas veces é tarde para que un espazo, produto ou servizo xa presentado se considere accesible. É moi difícil corrixir os erros de deseño, non só polo custo de romper algo feito e refacelo, senón que a miúdo implica redefinir moitos usos e funcións colaterais. Pola nosa experiencia, o deseño accesible, cando se pensa dende o inicio do proceso, normalmente non é máis caro. Dunha escala de 0 a 100, as accións e axustes específicos para determinados perfís de persoas non superan os 25, ademais, a gran maioría destas intervencións específicas serven para o 100% das persoas, no día a día ou nalgún momento da súa vida.
Menú