página en construcción

DESEÑAMOS REALIDADES DO FUTURO INMEDIATO

Rumbo ás rías altas

Os océanos cobren o 71% do noso planeta. Pacífico, índico, ártico, antártico … e o que escoitamos todos os días do ano.

Mil cincocentos quilómetros de costa en Galicia, para ser máis exactos 1.498 kms, 956 na provincia da Coruña. 127 portos. E ríos tamén navegables con barcos eléctricos e accesibles, por exemplo 8 quilómetros de Redes ás Fragas pasando por Pontedeume, escoitando o silencio e os sons dos pequenos habitantes destes máxicos bosques, ou os 12 quilómetros de Miño a Campo dos Caneiros, pasando por Betanzos, no corazón da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A02velas lévate a estes paraísos, co propósito de que ninguén quede en terra, con experiencias e barcos deseñados para todas as persoas, especialmente persoas sensibles neses lugares especiais.